Evento: O sangue das promesas: Incendios
O sangue das promesas: Incendios
Unha muller, Nawal Marwan, acaba de morrer e hoxe abre as portas ao seu silencio e aos seus segredos. Deixa ao seus xemelgos un traxe de la verde, un caderno vermello e dous sobres que son coma dúas caixas de Pandora das que xorden males e marabillas, e cuxo contido lles vai arrastrar a unha fabulosa odisea cara un continente afastado, cara un pasado descoñecido, cara un segundo nacemento.
A sangue das promesas: Incendios é unha das grandes obras teatrais deste século que, nesta co-produción de Sarabela Teatro e Escola da Note, tece unha rede de significados que transcende o contexto xeográfico inicial para plantexar unha mensaxe de esperanza sustentada nunha arela por recuperar a dignidade, por darlle as costas á violencia e o odio na procura da verdade.
Ficha artística
Autoría: Wadji Mouwad
Dirección e adaptación: Ánxeles Cuña Bóveda
Escenografía: Laura Romero Iturralde
Deseño sonoro: Renata Codda Fons
Deseño iluminación: Laura Romero Iturralde
Vestiario: Ana Rosa Assunciao
Música: Renata Codda Fons
Coreografía: Rut Balbís
Elenco artístico
Nerea Brey
Fernando Dacosta
Sabela Gago
Ricardo Kalash
Igor Lebreau
Laura Míguez
Ana Teresa Santos
Miguel Malalhaes
Elena Seijo
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Auditorio Municipal
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios