Evento: Ubasute

  • Ubasute
Ubasute
sábado, 26 setembro, 2026 - 20:30
Teatro Rosalía de Castro ,
A Coruña
Un espectáculo teatral de Berrobambán

UBASUTE é un termo xaponés que significa, literalmente, “abandono dunha persoa anciá” e refírese ao presunto costume de deixar nunha montaña ou nun lugar afastado un parente vello ou enfermo. Existen referencias dese costume na tradición oral de numerosas culturas, pero ningunha proba.

A nova proposta de Berrobambán conxuga xéneros e abre enigmas para colocar a atención na reflexión arredor do abandono.

UBASUTE é o texto máis recente da dramaturga Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Foi recoñecido pola revista Babelia como un dos cinco mellores textos editados en galego (Editorial Galaxia) en 2024. A peza é finalista na categoría de teatro dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2025.

 

Ficha artística

Autoría: Paula Carballeira

Dirección: Vanesa Sotelo

Elenco: Rocío González, Xosé Barato, Lez Cameselle

Escenografía: Beatriz de Vega, Chiqui Pereira, Diego Castro, M. P.

Iluminación: Beatriz de Vega, Chiqui Pereira, Diego Castro, M. P.

Son: Nvelar

Vestiario: Lola Armesto Lombardía

Música: Nacho Sanz

Imaxe gráfica: nadina gráfica

Gravación: Míriam Rodríguez

Produción: Chiqui Pereira

 

ADOLESCENTE E ADULTO

TEATRO

60 MINUTOS

 

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Na procura da canción perdida
4 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Maxia sen trucos
11 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Del jazzmín al jazz
12 de agosto, 21:30
Auditorio Baldomero Cores - Cee - A Coruña
Ye-Yé. Strad el violinista rebelde
16 de agosto, 23:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense