Evento: Less Dragqueens and more Chunorris!
Less Dragqueens and more Chunorris!
Esta é unha comedia que ispe o home. Pero que ninguén bote as mans á cabeza! Ou si, á cabeza, porque o espido vai dar para rir, pero sobre todo para pensar.
Dani Blanco e Alberte Bello, creadores con moita rúa e pouco “macherío”, vístense e íspense coas galas das masculinidades varias, de varietés. Entre o circo e a comedia, este show é un axuste de contas á “machosfera” desde a retranca.
Unha revolución para examinar as masculinidades tóxicas e o sufrimento que causan. Humor e amor son os dous actores principais e queren contar contigo.
Dirixido por Afonso Becerra de Becerreá e con Alberte Bello e Dani Blanco en escena.
Ficha artística
Autoría: Afonso Becerra de Becerreá e Alberte Bello
En escena: Alberte Bello e Dani Blanco
Dirección e dramaturxia: Afonso Becerra de Becerreá
Dirección de movemento: Estefanía Gómez
Espazo escénico: Alberte Bello
Asistente de espazo escénico: Noa Iriarte
Asistente de produción: Ana G. Fernández
Espazo sonoro: ALÓproducións
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios