Evento: Illa Ignorada
Illa Ignorada
O CGAC presenta Isla ignorada, unha exposición que reflexiona sobre a creación artística como exercicio de resistencia e cuestionamento, explorando a relación entre o íntimo, o espazo privado e o territorio común.
A mostra reúne unha selección de obras da Colección CGAC, na súa maioría procedentes de adquisicións recentes e nunca antes expostas neste centro. O título toma como referencia o poema Isla ignorada de Gloria Fuertes e aborda a idea do ser humano como individuo único, pero á vez conectado coa sociedade.
O percorrido, dividido en tres actos, transita entre o eu e o outro a través de cuestións como a identidade, o corpo, a memoria, a representación da realidade e a relación co contorno.
Participan artistas como Alberto Ardid, Abel Azcona, Vicente Blanco, Andrea Costas, Caxigueiro, Amparo Garrido, Regina Giménez, Fina Mantiñán, Juan Carlos Meana, Antoni Muntadas, Sonia Navarro, Iñigo Royo, Luis Seoane & María Elena Montero, Regina Silveira e Ariadna Silva Fernández.



