Evento: Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes

Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes
venres, 25 setembro, 2026 a domingo, 21 febreiro, 2027
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5,
Santiago de Compostela

Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes

O CGAC presenta /Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes/, unha exposición que percorre a obra dun dos grandes nomes da *Arte Povera* e afonda na relación do artista co mar, a viaxe, a memoria e o paso do tempo.

O CGAC presenta Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes, unha exposición que percorre a obra dun dos grandes nomes da Arte Povera e afonda na relación do artista co mar, a viaxe, a memoria e o paso do tempo.
Nado no Pireo (Grecia) en 1936 e figura esencial da arte contemporánea, Kounellis concibía a súa obra como unha escavación na memoria, unha relectura crítica do pasado desde unha linguaxe radicalmente actual.
A mostra reúne instalacións e pezas que evocan a viaxe, as migracións e os transportes marítimos como símbolos de intercambio cultural e transformación. Velas, estruturas de aceiro e fragmentos de embarcacións recuperan a memoria do mar e dos obxectos, reflexionando sobre a pegada humana e a dimensión poética perdida da viaxe na era industrial.
Un labirinto entendido como viaxe interior, como procura dunha identidade e dun centro perdido.
Exposición coproducida con Es Baluard Museu, coa colaboración de KEWENIG, Palma/Berlín e Archivio Kounellis.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Antifémina · Colita
25 de marzo a 1 de agosto
Avenida do Burgo das Nacións