Evento: Na procura da canción perdida
Na procura da canción perdida
Na procura da canción perdida
Espectáculo infantil da compañía Producións Dispersas
Na procura da canción perdida é o primeiro espectáculo infantil de Producións Dispersas. O protagonista da historia ten un problema moi grave. Perdeu unha das cousas máis importantes para a súa vida: a súa canción de ir durmir. Comeza así unha viaxe tola e surrealista polo mundo enteiro. Coa axuda dunha chea de aparatos tolos e a inestimable colaboración das nenas e nenos do público que se converterán tamén en actores e actrices do espectáculo, chegará a bo porto esta aventura.
Autor, director e actor: Diego Freire
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
21 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
28 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
31 de xullo, 22:30
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
11 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo