Evento: BenQuerer

  • benquerer
BenQuerer
venres, 4 decembro, 2026 - 20:30
Auditorio Municipal,
Marín
Fran Sieira, compañía de danza

BenQuerer é unha peza íntima que conecta co cotián, co día a día, e cos nosos procesos de adaptación ante os cambios. Non fala da felicidade permanente, nin de estar sempre ben, fala de aceptar os momentos nos que o corpo di basta, de coidarse e de aprender a poñer límites. Nun mundo de constante cambio, nun sistema que premia producir, avanzar, continuar... podemos permitirnos parar? Podemos mostrarnos vulnerables, sen medo ao xuízo ou a ser vistas como fráxiles?

Desde as marxes e sempre con perspectiva de xénero, esta nova proposta de Fran Sieira, a través do seu propio relato, convida a reflexionar sobre a importancia do autocoidado emocional, o amor propio e o respecto a unha mesma.

 

55 MINUTOS

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Fran Sieira

Dirección: Fran Sieira, Colectivo VACAburra (Gena Baamonde e Andrea Quintana) Elenco: Antía Ameixeiras, Sabela Caamaño, Fran Sieira

Música: Caamaño&Ameixeiras

Coreografía: Fran Sieira, Andrea Quintana

Vestiario: Érica Oubiña

Iluminación: Fidel Vázquez

Espazo sonoro: Isaac Millán

Espazo escénico: Fran Sieira, compañía de danza

Cestería: Fran Sieira

Fotografía: Aigi Boga

Cartel: NoveNoel 

Folleto de man e dossier: Sol Álvarez

Dinámica posfunción: Nancy Silva, Thais Núñez

Accesibilidade: Mada producións

Distribución: Urdime

 

  • Teaser 'BenQuerer'

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

os-dous-de-sempre
Mofa e Befa: Os dous de sempre
5 de novembro, 20:15
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
O sangue das promesas: Incendios
5 de novembro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
a biblioteca galáctica
A biblioteca galáctica contra a IA fantástica
6 de novembro, 19:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra
Dentro e Fóra - Pepe e Lucas
Dentro y Fuera - Pepe y Lucas
6 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra