Evento: Que quero facer de maior?

Que quero facer de maior?
sábado, 11 xullo, 2026 - 12:00
Museo Massó,
Bueu

Que quero facer de maior?

Obradoiros de verán no Museo Massó

Actividade educativa para reforzar novos modelos de masculinidade e feminidade, desbaratando os roles machistas que identifican as profesións e os oficios cun xénero determinado. Trabállanse contidos presentes nas exposicións, seleccionando obxectos das distintas ocupacións, e xogos de recortables coa indumentaria representativa das mesmas. 

Para nenas e nenos de 4 a 6 anos.

Inscrición previa e gratuíta, en museo.masso@xunta.gal ou no teléfono 886 151 101

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros de verán no Museo de Bela Artes
Inspirar para crear
7 de xullo a 28 de agosto
Museo de Belas Artes
EmbarrArte - Obradoiro de cerámica - 25 de agosto
25 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense
cartel_auga_muinos.jpg
Ourense e a auga
26 de agosto
Porta do Xurés do Concello de Muíños
O caracol das palabras con Bea Iglesias
27 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense