Evento: Real Filharmonía de Galicia – Cantamos!
Real Filharmonía de Galicia – Cantamos!
A Real Filharmonía de Galicia pecha a tempada cun dos cumios da historia da música: o Réquiem de Wolfgang Amadeus Mozart. Xunto ao Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, coros participativos e un destacado elenco de voces solistas, este concerto convértese nunha celebración colectiva arredor dunha das obras máis conmovedoras do repertorio.
O programa ábrese coa Abertura d'A frauta máxica, última ópera de Mozart e unha das súas creacións máis emblemáticas. Inspirada nos ideais da masonaría, a obra propón unha viaxe simbólica na que a luz, a sabedoría e a fraternidade triunfan sobre a escuridade.
A continuación soa o Réquiem K. 626, a derradeira composición de Mozart, interrompida pola súa morte en 1791. Inacabada polo compositor e completada posteriormente polo seu discípulo Franz Xaver Süssmayr, a obra continúa envolta nun halo de misterio e emoción. A súa extraordinaria intensidade expresiva converteuna nunha das partituras máis universais da música occidental, un testemuño conmovedor sobre a vida, a morte e a transcendencia.
XOV 3 XUÑ (15 €) Concerto incluído nos Abonos A e CAuditorio de Galicia, 20.00 hCONVERSANDO CON… Javier Fajardo (Sala Ángel Brage, 19.15 h)
Máis eventos de tipo Concerto



