Evento: Faltriqueira  

Faltriqueira  
venres, 7 agosto, 2026 - 22:00
Praza de Rafael Dieste,
Rianxo

Faltriqueira  

Un concerto de música tradicional galega a cargo de Faltriqueira  

Faltriqueira encarna a corrente máis fresca do panorama xurdido das fontes da música tradicional. Fusionando a polifonía coas percusións e os instrumentos acústicos, este proxecto vocal foxe da ríxida tradición e dota de nova vida a cancións recollidas en Galicia e diversas latitudes.

Presentan un repertorio que mestura a nosa esencia folclórica con novas influencias. En cada tema, celebran o noso cun corazón cheo de orgullo. Mantéñense fieis ás formas e sonoridades galegas, e tamén abren espazo para a evolución e o diálogo co mundo, integrando o máis profundo da nosa tradición coa visión universal que sempre buscan. É un repertorio creado para emocionar e honrar a nosa historia.

Faltriqueira vén de facer unha xira polos Estados Unidos e ten colaborado en gravacións e concertos con Luar na Lubre, Mike Oldfield, Oskorri, Kepa Junkera ou Víctor Manuel. O seu primeiro traballo, de título homónimo, levounas á portada da revista Folk Roots, referente da música con raíces, e outorgoulles unha gran aceptación entre a crítica especializada, pois foi escollido entre os 10 mellores álbums de 2003 na World Music Charts Europe (lista europea de músicas do mundo).

 

Máis eventos de tipo Concerto

NoitiNHas 2026
9 de setembro
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
A Voz Humana
11 de setembro
Avenida do Burgo das Nacións
Kenny “Blues Boss” Wayne
13 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Legends Tour
17 de setembro
Auditorio Municipal Manuel María