Evento: Real Filharmonía de Galicia – Espírito indomable

Real Filharmonía de Galicia – Espírito indomable
xoves, 5 novembro, 2026 - 20:00
Rúa do Preguntoiro, 23,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia – Espírito indomable

A tempada da Real Filharmonía de Galicia continúa cun programa que explora a forza transformadora da música e a capacidade do individuo para abrir novos camiños sen renunciar ás súas raíces.

A tempada da Real Filharmonía de Galicia continúa cun programa que explora a forza transformadora da música e a capacidade do individuo para abrir novos camiños sen renunciar ás súas raíces. Baixo a dirección de Baldur Brönnimann, a orquestra pon en diálogo dúas obras separadas por máis dun século pero unidas por unha mesma pulsión creativa: a procura dunha voz propia e dun horizonte de liberdade.
O concerto abre coa primeira obra do compositor en residencia desta tempada, Magnus Lindberg, unha das figuras máis relevantes da creación musical europea contemporánea. O seu Concerto para violín núm. 1, interpretado polo recoñecido violinista Roman Simovic, combina un extraordinario virtuosismo cunha escritura de gran riqueza tímbrica e expresiva. Na segunda parte, a Sinfonía núm. 7 de Antonín Dvorák desprega unha das páxinas máis intensas e emotivas do repertorio sinfónico do século XIX. Escrita en 1885, a obra percorre unha viaxe desde a escuridade inicial cara a unha afirmación final chea de esperanza e sentimento patriótico. O concerto contará ademais coa participación do estudantado da EAEM.
A cita será o xoves 5 de novembro ás 20:00 horas no Auditorio de Galicia. Ás 19:15 horas, na Sala Mozart, celebrarase un novo encontro do ciclo Conversando con…, nesta ocasión con Baldur Brönnimann. Entradas: 18 €.
 

Máis eventos de tipo Concerto

A banda no rock
20 de agosto
Parroquia de Manduas (Bandeira)
Terapia de Grupo
20 de agosto
Rúa Rosalía de Castro
Pili Pampín
21 de agosto
Pena de Francia
Deitado na area
21 de agosto
Parque Irmáns Dios Mosquera (ou Auditorio en caso de mal tempo)