Evento: Concha López Narváez, (1939-2026): historias para medrar lendo

  • Imaxe
Concha López Narváez, (1939-2026): historias para medrar lendo
martes, 23 xuño, 2026 a venres, 31 xullo, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Concha López Narváez, (1939-2026): historias para medrar lendo

Mostra bibliográfica infantil

A nosa sala infantil acolle, ata finais de xullo, unha mostra bibliográfica dedicada a Concha López Narváez, unha das autoras máis salientables da literatura infantil e xuvenil española, que nos acaba de deixar.

Os seus libros acompañaron as lecturas de varias xeracións con historias cheas de imaxinación, humor, misterio e sensibilidade, capaces de espertar o gusto pola lectura e de abordar, con proximidade e profundidade, temas tan diversos como a amizade, a familia, as emocións ou as aventuras.

Con esta selección queremos render homenaxe a unha autora imprescindible e ofrecer a nenos, nenas e familias a oportunidade de descubrir —ou redescubrir— uns relatos que seguen mantendo intacta a súa capacidade para emocionar e facer soñar.

Pode visitarse do 23 de xuño ao 31 de xullo na sala infantil en horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición