Evento: Os ourizos. O musical

Os ourizos. O musical
venres, 28 agosto, 2026 - 20:30
Praza Maior,
Xinzo de Limia

Os ourizos. O musical

Espectáculo de música e monicreques a cargo de Barafunda

Os Ourizos, o musical é unha obra de teatro musical (con música pregrabada) de monicreques (bocones, de pau e de guante) dirixida a un público familiar e infantil.

A peza trata temas de inclusión, integración, amizade e compañerismo, todo isto envolto en referencias á cultura galega, ás súas paisaxes e ao ecoloxismo. A música, composta especialmente para o espectáculo, inclúe temas de rock, pop e rap, achegando así á rapazada diferentes xéneros musicais.

Unha historia que fala de como a amizade pode axudar a superar os obstáculos da vida.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Danza 3 | Cantigas e Agarimos
20 de setembro
Praza do Concello
Danza 3 | Xacarandaina
3 de outubro
Paseo marítimo de Moaña
Concerto PunkInfantil
12 de outubro
Centro Cultural Avenida