Evento: Gaiferos polo camiño a Compostela
Gaiferos polo camiño a Compostela
Gaiferos polo camiño a Compostela
Un espectáculo de Títeres Cachirulo
"A onde irá meu romeiro
Meu romeiro onde irá?
Camiño de Compostela
Non sei si alí chegara"
E vai ser difícil porque o noso peregrino protagonista vai ter que enfrontarse a moitas perigosas tentacións do mal, en forma de serpes enganadoras, trasnos que ofrecen tesouros, danzarinas á luz das estrelas ou diaños disfrazados de bos veciños. Todos queren tentar a Gaiferos para apartalo do seu camiño a Compostela!
Espectáculo de aventuras, cancións e divertimento a bordo do “O Cachi-móbil”: unha barraca rodante, que leva os monicreques e a ilusión a calquera recuncho.
Un teatriño autosuficiente, que inclúe cadeiras e bancos para acomodar ao público.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño
19 de agosto, 12:00
CPI Pío Cabanillas - Dozón - Pontevedra
19 de agosto, 20:30
Praza da Igrexa - A Fonsagrada - Lugo
20 de agosto, 18:00
Parroquia de Manduas (Bandeira) - Silleda - Pontevedra
