Evento: Gran gala de circo de Pistacatro

Gran gala de circo de Pistacatro
mércores, 12 agosto, 2026 - 19:00
Vilaza,
Monterrei

Gran gala de circo de Pistacatro

Espectáculo a cargo de Pistacatro Productora de Soños

A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué.

Un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público en clave cómica e de administrar as pequenas doses de arte concentrado. 

 

Ficha artística

Dirección: Pablo Reboleiro

Escenografía e vestiario: Belém Brandido

Deseño son: Xurxo Pinheiro

Deseño iluminación: RTA

Música: Xabier Mera

Coreografía: Paula Quintas

Elenco artístico: Pablo Reboleiro, Aitor Garuz, Arturo Cobas, Duelirium, Marta Alonso & Paula Quintas, Álvaro Pérez, e Arturo Cobas, entre outras

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

soulroll
Soul&Roll 
12 de agosto, 19:00
Santamariña - Guitiriz - Lugo
A bailar!
12 de agosto, 20:00
Parque de Ansuíña - Baños de Molgas - Ourense
Monoulious DOP
12 de agosto, 21:30
Ermida de San Bartolomeu - Santa Comba - A Coruña
Os Piñeiros
12 de agosto, 22:00
Praia fluvial de San Clodio - Ribas de Sil - Lugo