Evento: Vicio houbo sempre
Vicio houbo sempre
Vicio houbo sempre
Un espectáculo de narración oral a cargo de Xarope Tulú
Divertida e fresca proposta de narración oral para público adulto onde Atenea García presenta historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron 80 anos. Historias que falan do desexo, do pracer, de sexualidade...
A primeira conversa naceu cunha frase: “Vicio houbo sempre, gracias a Dios!” E logo seguíronlle outras tantas onde as mulleres foron contándolle unha chea de cousas supostamente prohibidas. A peza fala do amor e da vida que sempre houbo nas marxes fiando contos sobre a diversidade sexual, a ausencia na emigración e, como non, a diversión nos bailes das festas! Todo, ao ritmo de historias e cancións acompañadas coa pandeireta.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño
29 de agosto, 16:30
Carballeira de Ribadumia - Ribadumia - Pontevedra
29 de agosto, 19:00
Aira do Verano - A Mezquita - Ourense
29 de agosto, 19:30
Praza do Camiño - Portomarín - Lugo
