Evento: Hocus Pocus

Hocus Pocus
domingo, 2 agosto, 2026 - 20:00
Praza de O Regueiro,
A Illa de Arousa

Hocus Pocus

Un espectáculo do Mago Paco

Seguindo a súa tónica de humor, o mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cor e moitas sorpresas. 

A maxia do mago Paco caracterízase pola posta en escea de elementos visuais e moi chamativo sque provocan unha dinámica constante enriba do escenario. Deste xeito ningún espectáculo é igual, todo depende da resposta do público, sobretodo dos máis cativos, xa que é un espectáculo pensado por e para eles. Nel poderán xogar, rir, brincar, actuar.... formando parte activa do seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.

Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cheo de complicidade entre o mago e o seu público e de momentos ilusionantes, divertidos, loucos, emotivos e sobretodo inesquecibles.

Preparade as vosas mellores gargalladas porque comezamos!!!!

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Sons Celtas do Barroco
25 de xullo, 12:00
Igrexa de San Marcos - Corcubión - A Coruña
As aventuras de Jazzy e Blusy
25 de xullo, 13:00
Alameda José Veiga Roel - Betanzos - A Coruña
Maxia no rural
25 de xullo, 20:00
Praza Maior - San Cristovo de Cea - Ourense
5.0
25 de xullo, 21:00
Praza da Constitución - Betanzos - A Coruña