Evento: BachCompostela·In aeternum – Bach ante o público

BachCompostela·In aeternum – Bach ante o público
xoves, 14 decembro, 2028 - 21:00
Praza do Obradoiro,
Santiago de Compostela

BachCompostela·In aeternum – Bach ante o público

A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de...

A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de Johann Sebastian Bach en 21 concertos. Un ciclo excepcional que coincide co Ano Santo Compostelán 2027 e o 50.º aniversario do órgano Mascioni do templo.
Os concertos, a cargo do organista Juan de la Rubia, celébranse os segundos xoves de cada mes entre outubro de 2026 e decembro de 2028. Os programas articúlanse arredor dos ciclos litúrxicos do ano e dos grandes contextos estéticos da obra bachiana: Italia, Francia, a Eucaristía, o coral e a transcrición.
Organista titular da Basílica da Sagrada Familia de Barcelona e profesor na Escola Superior de Música de Catalunya, Juan de la Rubia desenvolve unha traxectoria internacional como intérprete, improvisador e director, cunha especial dedicación ao repertorio de Johann Sebastian Bach. A súa formación en Valencia, Barcelona, Berlín, Toulouse e Roma, xunto a mestres como Montserrat Torrent, Wolfgang Seifen e Michel Bouvard, completouse con figuras como Olivier Latry e Ton Koopman.
O ciclo BachCompostela culmina cun programa que reúne algunhas das obras máis monumentais e representativas do legado organístico de Bach. Corais, variacións e grandes páxinas de concerto conforman un percorrido que resume a amplitude da súa linguaxe creativa e a extraordinaria capacidade do compositor para unir profundidade espiritual, rigor arquitectónico e emoción. Un peche solemne para unha viaxe musical que atravesa toda unha vida dedicada ao órgano.
Programa

  • Ach Herr, mich armen Sünder, BWV 742

Preludio e fuga en la menor, BWV 543
Dos 18 corais de Leipzig

  • An Wasserflüssen Babylon, BWV 653.1

Preludio e fuga en mi menor, BWV 548
Partite diverse sopra Sei gegrüßet, Jesu gütig, BWV 768 (Coral con once variacións)
 

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Concerto da Schola Gregoriana Lucensis
17 de novembro
Biblioteca Pública de Lugo
Los Enemigos
20 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5