Evento: BachCompostela·Unidade e Trindade – Número e símbolo

BachCompostela·Unidade e Trindade – Número e símbolo
xoves, 8 xuño, 2028 - 21:00
Praza do Obradoiro,
Santiago de Compostela

BachCompostela·Unidade e Trindade – Número e símbolo

A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de...

A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de Johann Sebastian Bach en 21 concertos. Un ciclo excepcional que coincide co Ano Santo Compostelán 2027 e o 50.º aniversario do órgano Mascioni do templo.
Os concertos, a cargo do organista Juan de la Rubia, celébranse os segundos xoves de cada mes entre outubro de 2026 e decembro de 2028. Os programas articúlanse arredor dos ciclos litúrxicos do ano e dos grandes contextos estéticos da obra bachiana: Italia, Francia, a Eucaristía, o coral e a transcrición.
Organista titular da Basílica da Sagrada Familia de Barcelona e profesor na Escola Superior de Música de Catalunya, Juan de la Rubia desenvolve unha traxectoria internacional como intérprete, improvisador e director, cunha especial dedicación ao repertorio de Johann Sebastian Bach.
O simbolismo numérico ocupa un lugar fundamental na obra de Bach. Este programa explora a relación entre música, teoloxía e arquitectura sonora a través de composicións construídas arredor do número tres, evocación da Trindade cristiá. Corais, sonatas e fugas revelan o extraordinario equilibrio entre rigor estrutural, expresión espiritual e beleza musical que caracteriza o universo bachiano.
Programa
Da terceira parte do Clavier-Übung

  • Kyrie, Gott Vater in Ewigkeit, BWV 669
  • Christe, aller Welt Trost, BWV 670
  • Kyrie, Gott heiliger Geist, BWV 671

Dos 18 corais de Leipzig

  • Trío sobre Allein Gott in der Höh sei Ehr, BWV 664.2
  • Wir glauben all an einen Gott, BWV 765

Sonata en mi bemol maior, BWV 525

  1. [sen indicación]
  2. Adagio
  3. Allegro

Do Orgel-Büchlein

  • Vom Himmel kam der Engel Schar, BWV 607

Fuga en mi bemol maior, BWV 552
 

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Concerto da Schola Gregoriana Lucensis
17 de novembro
Biblioteca Pública de Lugo
Los Enemigos
20 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5