Evento: BachCompostela·O xenio concertante – Virtuosismo e diálogo

BachCompostela·O xenio concertante – Virtuosismo e diálogo
xoves, 9 novembro, 2028 - 21:00
Praza do Obradoiro,
Santiago de Compostela

BachCompostela·O xenio concertante – Virtuosismo e diálogo

A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de...

A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de Johann Sebastian Bach en 21 concertos. Un ciclo excepcional que coincide co Ano Santo Compostelán 2027 e o 50.º aniversario do órgano Mascioni do templo.
Os concertos, a cargo do organista Juan de la Rubia, celébranse os segundos xoves de cada mes entre outubro de 2026 e decembro de 2028. Os programas articúlanse arredor dos ciclos litúrxicos do ano e dos grandes contextos estéticos da obra bachiana: Italia, Francia, a Eucaristía, o coral e a transcrición.
Organista titular da Basílica da Sagrada Familia de Barcelona e profesor na Escola Superior de Música de Catalunya, Juan de la Rubia desenvolve unha traxectoria internacional como intérprete, improvisador e director, cunha especial dedicación ao repertorio de Johann Sebastian Bach. A súa formación en Valencia, Barcelona, Berlín, Toulouse e Roma, xunto a mestres como Montserrat Torrent, Wolfgang Seifen e Michel Bouvard, completouse con figuras como Olivier Latry e Ton Koopman.
Bach atopou no concerto italiano unha fonte inesgotable de inspiración. Este programa explora o diálogo entre o virtuosismo instrumental e a escrita para órgano a través de transcricións, sonatas e grandes páxinas de brillantez técnica. A capacidade de Bach para transformar modelos alleos en obras profundamente persoais revélase aquí con toda a súa forza creativa.
Programa
Concerto en sol maior, BWV 592 A partir do Concerto en sol maior de Johann Ernst, príncipe de Saxonia-Weimar

  1. [sen indicación]
  2. Grave
  3. Presto
  • Wo soll ich fliehen hin, BWV 694

Da terceira parte do Clavier-Übung

  • Fughetta super Dies sind die heiligen zehn Gebot, BWV 679

Sonata en do menor, BWV 526

  1. Vivace
  2. Largo
  3. Allegro

Fantasía en sol maior, BWV 571

  • Jesu, meine Freude, BWV 713 (Fantasía)
  • Christus, der uns selig macht, BWV 747

Toccata e fuga en re menor, BWV 538 (Dórica)
 

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Concerto da Schola Gregoriana Lucensis
17 de novembro
Biblioteca Pública de Lugo
Los Enemigos
20 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5