Evento: BachCompostela·Doutrina sen palabras – A arquitectura do coral

BachCompostela·Doutrina sen palabras – A arquitectura do coral
xoves, 9 marzo, 2028 - 21:00
Praza do Obradoiro,
Santiago de Compostela

BachCompostela·Doutrina sen palabras – A arquitectura do coral

A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de...

A Catedral de Santiago de Compostela, centro espiritual de Europa e meta de peregrinación desde hai séculos, acolle BachCompostela, un proxecto único que presenta a interpretación íntegra da obra para órgano de Johann Sebastian Bach en 21 concertos. Un ciclo excepcional que coincide co Ano Santo Compostelán 2027 e o 50.º aniversario do órgano Mascioni do templo.
Os concertos, a cargo do organista Juan de la Rubia, celébranse os segundos xoves de cada mes entre outubro de 2026 e decembro de 2028. Os programas articúlanse arredor dos ciclos litúrxicos do ano e dos grandes contextos estéticos da obra bachiana: Italia, Francia, a Eucaristía, o coral e a transcrición.
Organista titular da Basílica da Sagrada Familia de Barcelona e profesor na Escola Superior de Música de Catalunya, Juan de la Rubia desenvolve unha traxectoria internacional como intérprete, improvisador e director, cunha especial dedicación ao repertorio de Johann Sebastian Bach.
Este programa explora o coral como un dos piares da obra de Bach. A través dalgunhas das páxinas máis elaboradas do Clavier-Übung, o Orgel-Büchlein, a colección Neumeister e os corais de Leipzig, o concerto amosa como o compositor transformou melodías litúrxicas en auténticas arquitecturas sonoras de extraordinaria profundidade teolóxica e musical.
Programa
Da terceira parte do Clavier-Übung

  • Kyrie, Gott Vater in Ewigkeit, BWV 672 (manualiter)
  • Christe, aller Welt Trost, BWV 673 (manualiter)
  • Kyrie, Gott heiliger Geist, BWV 674 (manualiter)
  • Wir gläuben all’ an einen Gott, BWV 680

Do Orgel-Büchlein

  • Jesus Christus, unser Heiland, der den Tod überwand, BWV 626
  • Es ist das Heil uns kommen her, BWV 638
  • Dies sind die heilgen zehn Gebote, BWV 635
  • Ein feste Burg ist unser Gott, BWV 720

Da colección Neumeister

  • Was Gott tut, das ist wohlgetan, BWV 1116
  • Allabreve en re maior, BWV 589

Da colección Neumeister

  • Vater unser im Himmelreich, BWV 737

Da terceira parte do Clavier-Übung

  • Christ unser Herr zum Jordan kam, BWV 684
  • Aus tiefer Not schrei ich zu dir, BWV 686
  • Liebster Jesu, wir sind hier, BWV 706

Dos 18 corais de Leipzig

  • Trío sobre Herr Jesu Christ, dich zu uns wend, BWV 655
  • Nun freut euch, lieben Christen gmein, BWV 734
  • Preludio e fuga en si menor, BWV 544

 

Máis eventos de tipo Concerto

Dr. Flaming
2 de xullo
Rúa Rosalía de Castro
Odaiko Familiar
2 de xullo
Praza do Concello
Tributo 70's e 80's
3 de xullo
Praza do Concello