Evento: Danza 3 | Xacarandaina
Danza 3 | Xacarandaina
Danza 3 é unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, O Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.
A 14ª edición de Danza 3 percorrerá 18 concellos galegos ata o mes de outubro con outras tantas actuacións que, na meirande parte dos casos, terán lugar ao aire libre para compartir coa cidadanía unha mostra do amplo repertorio das tres agrupacións participantes. A través desta colaboración, a Xunta recoñece o labor cotián deste colectivo a prol da investigación, recuperación, formación e difusión do folclore galego como parte indispensable do noso patrimonio inmaterial.
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Praza do Concello
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Paseo marítimo de Moaña
Máis eventos do ciclo Danza3