Evento: Flash

Flash
venres, 17 xullo, 2026 - 20:30
Samede,
Paderne de Allariz
Un espectáculo de maxia de Dani García

Un fotógrafo ambulante de hai máis dun século, unha vella cámara de fol, maletas cheas de segredos e un oficio que hoxe soa case a maxia. Durante o que podería ser un día calquera de traballo, este personaxe tenta exercer a súa profesión: preparar a cámara, buscar a luz perfecta, ordenar os seus improvisados modelos e capturar instantes únicos. Pero os obxectos cobran vida, as imaxes rebélanse, o tempo estírase e dóbrase, e cada fotografía convértese nunha pequena aventura. O espectáculo desenvólvese como unha sucesión de escenas nas que a maxia, o humor e o teatro xestual se mesturan coa participación do público, especialmente das nenas e nenos, que pasan de ser espectadores a protagonistas.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Historias para escagarriñarse
27 de agosto, 12:00
CEIP O Pumar. Urdilde - Rois - A Coruña
Hoxe si!
27 de agosto, 20:00
Campo dos Subarreiros - Neda - A Coruña
Dende arriba
27 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Cee - A Coruña
Tributo 70's e 80's
27 de agosto, 21:00
Praza de Galiza - Arzúa - A Coruña