Evento: Meiga Belmonte: bruxa en prácticas

Meiga Belmonte: bruxa en prácticas
domingo, 19 xullo, 2026 - 17:30
Carballeira de Parga ,
Guitiriz

Meiga Belmonte: bruxa en prácticas

Un espectáculo de maxia para público familiar

Bruxa en Prácticas é un espectáculo de maxia que combina ilusionismo, humor e reflexión social. A protagonista, unha moza aprendiza de bruxa, embárcase nunha viaxe máxica chea de desafíos e aprendizaxes con moito humor. 

A través dos seus trucos de maxia, desmonta estereotipos de xénero e promove a igualdade, demostrando que a maxia non ten xénero e que todos podemos ser protagonistas da nosa propia historia.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Onde viven os monstros
28 de agosto, 12:00
Auditorio Edificio Multiusos - Santa Comba - A Coruña
SuperHarte
28 de agosto, 20:00
Campo do Rollo - Corcubión - A Coruña
Os ourizos. O musical
28 de agosto, 20:30
Praza Maior - Xinzo de Limia - Ourense
soulroll
Soul&Roll 
28 de agosto, 21:00
Piscinas municipais - Xunqueira de Ambía - Ourense