Evento: Gaia salvaxe

  • Imaxe
Gaia salvaxe
luns, 6 xullo, 2026 a luns, 31 agosto, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Gaia salvaxe

Exposición de acuarelas de Rocío Reboredo

Cedemos o espazo para acoller esta colección que nace dunha idea sinxela: en Galicia, o monte está tan vivo que parece que todo se mestura, que as fronteiras se difuminan.

A autora quixo imaxinar que os nosos animais non só viven entre árbores e flores, senón que forman parte deles. A través destas ilustracións, convídanos a mirar un pouco máis de preto e descubrir eses fíos invisibles que unen a fauna e a flora galegas. Esta é a súa forma de dar as grazas á terra onde naceu e medrou, á súa natureza que tanto nos aporta, e de lembrarnos que é o noso deber coidala e protexela.

Rocío Reboredo Pardo é unha apaixoada do debuxo e a pintura desde a infancia, desenvolveu a súa faceta artística de xeito autodidacta ata que os estudos e a vida profesional afastárona temporalmente do que tanto amaba.

O impulso creativo rebrotou no ano 2020, momento no que retomou a súa paixón e mergullouse no universo da acuarela da man do recoñecido artista galego Xurxo Martiño. O seu territorio natural é a ilustración, un espazo onde a súa mente divaga para dar vida a mundos de fantasía poboados por dragóns e criaturas extraordinarias. Para ela, este universo é un refuxio necesario, unha tregua fronte ao ruído e a complexidade do mundo real.

Pode visitarse do 6 de xullo ao 31 de agosto no vestíbulo en horario de apertura da biblioteca.

 

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés