Evento: Peque Disco Moc Moc

Peque Disco Moc Moc
xoves, 16 xullo, 2026 - 21:00
Porto ,
Fisterra

Peque Disco Moc Moc

Un espectáculo familiar a cargo de MeRe Clown

Estabades agardando por unha gran festa e por fin chegou! Chega... PEQUE DISCO MOC MOC!!!

Con este espectáculo no que mesturamos música, circo e clown convertiremos nunha auténtica disco móbil circense infantil e familiar todo espazo ó que levemos este espectáculo.

Música, bailes, circo e humor nunha velada chea de sorpresas na que o DJ MeRe Clown fará gozar a nenos, nenas e maiores coa mellor música infantil, rock, hip hop, techno... ¡Yes baby!

Todo iso aderezado cun equipo de iluminación disco, máquina de fume, pompas de xabón, confeti, malabares con lume ou luz e sobre todo moito humor.

Porque nesta disco non hai límite de idade.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Dous Ilusionistas cunhas maxias subversivas
22 de xullo, 11:00
Parque Os Tilos - Teo - A Coruña
Tubos do mundo
22 de xullo, 20:30
Praza do Reló - A Guarda - Pontevedra
Travesía Unicornio
23 de xullo, 12:00
CPI Pío Cabanillas - Dozón - Pontevedra
Petróglifos
23 de xullo, 19:00
Praza da Torre - Lalín - Pontevedra