Evento: Petróglifos

Petróglifos
xoves, 23 xullo, 2026 - 19:00
Praza da Torre,
Lalín

Petróglifos

Un espectáculo de narración oral e monicreques a cargo de Carmen Domech

Nace nos petróglifos o arco da vella? Probablemente.
Indican os petróglifos onde se agochan tesouros? Seguro que si.
E sobre todo: Gardan os petróglifos historias do pasado? 

Si, miles de historias. Moitas delas chegaron aos nosos días. O tempo foinas variando; quitando e engadindo acontecementos, crenzas ou costumes segundo as épocas. A algunhas chegoulles o momento de ser contadas de novo.

Mouras coidadoras da natureza que, ao contrario do que ás veces se dixo delas, son solidarias cos homes e só buscan a igualdade entre mulleres e homes.

A sabia vella do arco sae a pasear e enche o ceo e a nosa imaxinación de cores cos que voar.

Petróglifos de labirintos, serpes, cervas e estrelas. Todos nos falan da vida das xentes que habitaron a nosa terra fai moitos, moitos anos e que no esencial non son tan diferentes de nós. Todas as historias que estas pedras van relatar transmiten a necesidade da igualdade entre homes e mulleres para así conseguir un mundo máis xusto.

Narración oral, monicreques e algunha sorpresa vannos contar posibles historias que os petróglifos encerran.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Onde viven os monstros
28 de agosto, 12:00
Auditorio Edificio Multiusos - Santa Comba - A Coruña
SuperHarte
28 de agosto, 20:00
Campo do Rollo - Corcubión - A Coruña
Os ourizos. O musical
28 de agosto, 20:30
Praza Maior - Xinzo de Limia - Ourense
soulroll
Soul&Roll 
28 de agosto, 21:00
Piscinas municipais - Xunqueira de Ambía - Ourense