Evento: Os meus camiños
Os meus camiños
venres, 19 xuño, 2026 a luns, 17 agosto, 2026
Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa,
Lalín Os meus camiños
Exposición do artista Ramiro Cimadevila.
O venres, 19 de xuño, abrirase ao público no Museo Ramón Mª Aller a exposición “Os meus camiños. Amor, arte e decadencia”, do artista estradense Ramiro Cimadevila Cea, unha mostra que poderá visitarse ata o 17 de agosto.
A exposición de Cimadevila reúne máis de vinte obras pictóricas, unha serie en constante crecemento que dialoga cos camiños peregrinos cara Compostela e, ao mesmo tempo, cos camiños vitais e creativos do propio autor. En cada itinerancia incorpórase unha pintura inédita, facendo que o proxecto evolucione e se renove en cada nova sede.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Exposición



