Evento: Hamelin

Hamelin
sábado, 4 xullo, 2026 - 20:30
Atrio Colexiata de Santa María,
Xunqueira de Ambía
Un espectáculo familiar a cargo de Fran Rei

Todos e todas coñecemos a popular historia que aconteceu hai moito tempo na vila alemá de Hamelin, na que un frautista secuestrou os nenos e nenas da vila en castigo por un engano. Segundo nos contaron sempre, os rapaces e rapazas da vila seguiron o músico hipnotizados/as polo doce son da súa frauta. Así foi como sempre nola contaron, pero... Todos os nenos e nenas foron detrás do frautista? Non. Unha nena non sucumbiu ante a música e logrou salvar as crianzas da vila. Que facía tan especial a esta nena? Que era xorda.

Fran Rei presenta o seu novo espectáculo unipersoal A verdadeira historia de Hamelin, en colaboración con Avelino González e dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias. Nesta montaxe, Fran Rei mestura narración oral, maxia, un chisco de música, unhas faíscas de lingua de signos e moito humor na súa particular revisión da popular lenda alemá do frautista de Hamelin.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo
18 de xullo, 17:30
Espazo Lorenzo Varela - Monterroso - Lugo
Costureiriña bonita
18 de xullo, 18:30
Piscinas municipais - Xunqueira de Ambía - Ourense
balteira
Balteira
18 de xullo, 22:00
Ponte Maceira - Ames - A Coruña
O mellor e o peor dos 80 e 90 
19 de xullo, 13:00
Club Fluvial de Begonte - Begonte - Lugo