Evento: Tavole

Tavole
sábado, 20 xuño, 2026 - 19:30
Área da Saleta (Parroquia de Siador),
Silleda
Un espectáculo de novo circo a cargo de Zirko Txosko

Levantarse có pé esquerdo, significa que todo vai ir mellor... claro que peor é imposible.

Tavole é un espectáculo que xira en torno a dous personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levará a situacións tan cotiás como surrealistas onde aparece a acrobacia, as técnicas aéreas, a maxia e o humor.
Moitas situacións cotiás da vida acontecen arredor dunha mesa, pero a velocidade do día a día, o ritmo de vida, o estrés, que non deixa sentarse a unha mesa a pensar e reflexionar. É aí cando as cousas máis sinxelas da vida pódense complicar, cousas como saír de casa sen roupa, ou que as mesas se rebelen!

Unha tola e divertida aventura para todos os públicos na que o circo aparece de forma disparatada, a acrobacia, o risco e a sorpresa están presentes, e onde o público será partícipe do xogo para que todo saia ben.

Un show cercano, interactivo para o público e divertido, no que xogarse a vida é a única opción.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Carapuchiña e os cinco lobiños
13 de xullo, 12:00
Casa da Cultura - Palas de Rei - Lugo
Comisión de festas
14 de xullo, 12:00
CPI Os Dices. Rois - Rois - A Coruña
Ser diferente mola
14 de xullo, 12:00
CEIP O Pumar. Urdilde - Rois - A Coruña
Hoxe si!
14 de xullo, 21:00
Praza do Concello - Baiona - Pontevedra