Evento: AURUM-Bandas Sonoras a la luz de las velas
AURUM-Bandas Sonoras a la luz de las velas
AURUM-Bandas Sonoras a la luz de las velas
AURUM ofrece unha experiencia única que convida a redescubrir algunhas das
bandas sonoras máis emblemáticas da historia do cinema nunha contorna
iluminada pola luz das velas.
AURUM ofrece unha experiencia única que convida a redescubrir algunhas das bandas sonoras máis emblemáticas da historia do cinema nunha contorna iluminada pola luz das velas.
Coa interpretación en directo da Orquestra e Coro de Cámara SONORA, o público poderá revivir a emoción de títulos como Gladiator, Titanic, Pearl Harbor, The Prince of Egypt ou Braveheart, nun espectáculo que combina música, emoción e lembranzas.
Unha proposta para gozar da maxia do cinema a través da música nun ambiente especialmente coidado para a ocasión.



