Evento: Café da Memoria: As mozas do cable

  • Café da Memoria: As mozas do cable
Café da Memoria: As mozas do cable
xoves, 18 xuño, 2026 - 18:30
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Café da Memoria: As mozas do cable

O vindeiro Café da Memoria estará dedicado ás telefonistas galegas das décadas dos 60 e 70, protagonistas dun traballo esencial, mais frecuentemente invisibilizado.

Nun contexto no que a Compañía Telefónica Nacional de España monopolizaba o sistema de telecomunicacións, milleiros de mulleres desenvolveron o seu labor en estacións telefónicas locais e centraliñas manuais, especialmente no rural, conectando chamadas nun tempo no que a automatización aínda non chegara plenamente ao territorio.

As telefonistas viviron tamén unha profunda transformación tecnolóxica que mudou o sector e afectou directamente ás súas condicións laborais, provocando reubicacións e mesmo a perda de postos de traballo. O seu caso constitúe un exemplo paradigmático da relación entre traballo feminino cualificado, cambio tecnolóxico e memoria social.

A través deste encontro, búscase recuperar e poñer en valor as súas experiencias vitais e profesionais, contribuíndo á conservación dun patrimonio inmaterial fundamental para comprender a historia recente de Galicia.

As mozas do cable enmárcase no Café da Memoria, un programa de investigación e divulgación do DEAC do Museo do Pobo Galego que, a través da historia oral, procura preservar a memoria laboral recente das mulleres galegas mediante as súas voces e experiencias.

Ala Sur (sala de actividades)

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2026
5 de xuño
Salón azul do Arquivo de Betanzos
Toponimízate 2026
26 de xuño
Centro Sociocultural do Cádavo