Evento: Con lingua propia  

Con lingua propia  
venres, 14 agosto, 2026 - 11:00
Instalacións culturais e deportivas do Conco,
Dumbría

Con lingua propia  

Espectáculo de novo circo a cargo de Peter Punk Pallaso

Peter Punk mostra neste espectáculo con moito orgullo (e literalmente) a súa lingua propia.
Durante uns trepidantes 60 minutos, o pallaso máis irreverente da escena galega, combinará as máis variadas técnicas circenses con xogos de palabras para poñer a lingua en escena e ao público en acción!
Un espectáculo cheo de humor, trabalinguas, xogos e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público.
Peter Punk traballou acompañado do filólogo Brais Gutiérrez para presentar este novo espectáculo que xira arredor da nosa lingua, construíndo así un referente para o público miúdo dende a comedia.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

A gran sementeira
16 de agosto, 14:00
Recinto Feiral - Castroverde - Lugo
Zasca!
16 de agosto, 19:00
Carballeira do Cancelo Buriz - Guitiriz - Lugo
Peter Punk Pallaso
16 de agosto, 19:30
Paseo do Malecón - Sarria - Lugo
O Último que Apague a Luz
16 de agosto, 19:30
Aparcadoiro piscinas municipais - Castroverde - Lugo