Evento: Circo Cambuche

Circo Cambuche
martes, 18 agosto, 2026 - 19:00
Praza do Convento,
Melide

Circo Cambuche

Un espectáculo de novo circo a cargo de Henriko

Este espectáculo conta, en clave de traxicomedia, a historia dun antigo circo do século pasado, o Circo Cambuche.

Kike Castro, o derradeiro supervivente deste circo, lembra a historia da súa familia de funambulistas e o seu amargo final. Cada domingo pola tarde, visita a vella carpa da familia e fantasea coa lembranza do circo, tenta subir ao arame, como cando era neno, pero agora non se atreve.

Diante dun público que só existe na súa imaxinación, un día atopa unha muller que se asemella á súa avoa, a matriarca da familia do circo. Ela dálle o valor para escalar o arame e percorrelo no seu monociclo e nel, o funambulista e mailo público viaxan nunha ensoñación compartida.

O arame convértese no fío conductor que une presente e pasado, madurez e infancia.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

ce_orquestra_pantasma
Cé Orquestra Pantasma
7 de agosto, 18:00
Praia Fluvial - Vilariño de Conso - Ourense
Museo Encantado
7 de agosto, 19:00
Parque do Espiñeiro. Portonovo - Sanxenxo - Pontevedra
Eiii Carballeira!!
7 de agosto, 20:00
Praza Castelao - Corcubión - A Coruña
A vida tola
7 de agosto, 20:00
Praza das Palmeiras - Caldas de Reis - Pontevedra