Evento: Charlatán Rodríguez

Charlatán Rodríguez
domingo, 26 xullo, 2026 - 13:00
Alameda José Veiga Roel,
Betanzos

Charlatán Rodríguez

Espectáculo de teatro a cargo de Rendos Pequeno

Un charlatán chega á vila coa súa lingua afiada, os seus instrumentos afinados e seu posto de venda ateigado de remedios para todos os males.

Armado de retranca e coa sabedoría que dá percorrer todos os camiños, será quen de vender ao público menciñas que non necesitan a prezos que non poden pagar, cun catálogo infinito de solucións inútiles para problemas inexistentes, laretadas baleiras, melodías inventadas, pequenas grandes ilusións e contos de impostor. Porque o noso protagonista sabe sempre o que a xente quere escoitar.

Dirixido por Fran Rei, Félix Rodríguez mestura nesta súa primeira montaxe música, comedia, maxia e moita participación, nun espectáculo para todos os públicos.

Non se deixen confundir: moinantes hai a moreas, pero ninguén engana co humor, o ritmo, a empatía e a arte de Charlatán Rodríguez.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Contadiña
28 de xuño, 19:00
Club Fluvial de Begonte - Begonte - Lugo
Sen Patrón
30 de xuño, 19:00
Exterior piscina municipal - Oroso - A Coruña
Eiii Carballeira!!
1 de xullo, 19:00
Paseo do Carboeiro - Oroso - A Coruña
Dr. Flaming
2 de xullo, 20:30
Rúa Rosalía de Castro - Lalín - Pontevedra