Evento: A maxia do Mago Rafa

A maxia do Mago Rafa
domingo, 9 agosto, 2026 - 22:30
Praza de España,
Monforte de Lemos

A maxia do Mago Rafa

Unha gala de maxia a cargo do Mago Rafa

A Maxia do Mago Rafa é recoñecida nos seus máis de vintecinco anos de traxectoria artística pola súa maxia orixinal e o seu humor desenfadado, que se afasta da maxia máis convencional. En todos os seus espectáculos hai varios denominadores en común; humor, tenrura,  unha excelente técnica interpretativa, unha fantástica selección musical, unha escenografía moderna e espectacular e maxia moi orixinal e impactante que comunica a través do absurdo e do cotián.

Moitos definen os seus espectáculos como "A Maxia diferente, a próxima e a de verdade".

Este espectáculo realízase en formato gala e Rafa conta coa colaboracion de magos de recoñecido prestixio Internacional

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Eran elas!
29 de agosto, 16:30
Carballeira de Ribadumia - Ribadumia - Pontevedra
Orille!
29 de agosto, 17:00
Paderne - Paderne - A Coruña
Baixo os remendos, nós
29 de agosto, 19:00
Aira do Verano - A Mezquita - Ourense
O mellor e o peor dos 80 e 90 
29 de agosto, 19:30
Praza do Camiño - Portomarín - Lugo