Evento: A emocionante historia de Nube e Alex
A emocionante historia de Nube e Alex
A emocionante historia de Nube e Alex
Un espectáculo teatral a cargo de Bárbara Tartabini
A emocionante historia de Nube e Alex conta a historia de Álex e da súa amiga Nube, unha nube moi especial que non sabe chover. Xuntos descubren as emocións que isto lle provoca, e aprenden trucos sobre como xestionalas e expresalas sanamente. Durante o espectáculo, os nenos e nenas non só participan, senón que tamén crean parte da historia, elixindo o rumbo das aventuras e compartindo as súas propias emocións para axudar a Nube a entender o que sente. Un show tenro, divertido e participativo, que invita a familias e peques a compartir e falar das emocións con naturalidade.
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño
30 de xullo, 12:00
Alameda do Concello - Catoira - Pontevedra
30 de xullo, 17:00
Toural - Vilar de Barrio - Ourense
30 de xullo, 18:00
Campo da Feira - Carral - A Coruña
