Evento: Dous Ilusionistas cunhas maxias subversivas

Dous Ilusionistas cunhas maxias subversivas
mércores, 22 xullo, 2026 - 11:00
Parque Os Tilos,
Teo

Dous Ilusionistas cunhas maxias subversivas

Un espectáculo de maxia de Martín Camiña e Maga Fani

Un par de ilusionistas, con moito aquel, achegan unha escolma de actos desaxeitados con mollo de risadas.

Un espectáculo que non hai por onde collelo, xa que logo, non posúe angas por ningures: unha peza escénica, asimétrica e inadaptada para estes tempos, xunto a gargalladas e diversións anómalas, nunha nova antoloxía de enguedellos. 

 

Ficha artística

Autoría: Maga Fani

Dirección: Maga Fani e Martín Camiña

Escenografía: Producións Herméticas

Deseño iluminación: Ángel Modia

Vestiario: Producións Herméticas

Música: Selección Musical

Elenco artístico: Maga Fani e Martín Camiña

Cobertura técnica: Escóitame Producións

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Merenda con pan de millo
11 de agosto, 11:30
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey - O Grove - Pontevedra
Unha noite no muíño
11 de agosto, 20:00
Campo de San Francisco - Ribadeo - Lugo
soulroll
Soul&Roll 
12 de agosto, 19:00
Santamariña - Guitiriz - Lugo
Gran gala de circo de Pistacatro
12 de agosto, 19:00
Vilaza - Monterrei - Ourense