Evento: Odiseicas, as que tecen a historia
Odiseicas, as que tecen a historia
Narración oral escénica inspirada na obra de Begoña Caamaño, a cargo de Soledad Felloza.
“Odiseicas: as que tecen a historia” é un espectáculo de narración inspirado na obra e no pensamento de Begoña Caamaño, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, cuxa escrita supón unha profunda relectura feminista dos mitos fundacionais e dos relatos herdados. A través de historias adaptadas segundo o público, Morganas, Circes, Penélopes e outras mulleres toman a palabra para contar a súa versión da historia. Personaxes tradicionalmente relegadas ás marxes dos relatos canónicos ocupan aquí o centro da narración, revelándose como mulleres que pensan, deciden, lembran e actúan. Así, na representación proponse unha revisión crítica do imaxinario clásico, ofrecendo referentes diversos e sen renunciar á potencia poética do mito. O espectáculo conta con diferentes versións segundo o público:
- Para o público infantil e familiar, as historias preséntanse adaptadas á idade e á capacidade de escoita.
- Para o público adolescente ou adulto, incorpóranse textos orixinais de Begoña Caamaño, respectando a súa escrita e a densidade do seu pensamento, nunha proposta que reforza o diálogo entre literatura, narración oral e escena contemporánea.
Así, haberá dúas sesións:
- As 11:00h para alumnado de Educación Primaria (50´)
- As 12:00h para alumnado de Educación Infantil (45´)



