Evento: Begoña Caamaño Rascado (1964-2014)

  • Begoña Caamaño Rascado (1964-2014
Begoña Caamaño Rascado (1964-2014)
venres, 1 maio, 2026 a luns, 29 xuño, 2026
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Begoña Caamaño Rascado (1964-2014)

Mostra bibliográfica Letras Galegas 2026

No marco da programación do Museo do Pobo Galego polo Día das Letras Galegas, a Biblioteca organiza, como cada ano, unha mostra bibliográfica dedicada á persoa homenaxeada. Nesta edición, estará centrada na figura da escritora e xornalista Begoña Caamaño.

A autora viguesa é a décimo cuarta muller homenaxeada nesta celebración, sumándose a nomes como Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, Luísa Villalta e as cantareiras Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Teresa García, Asunción Garrido, Prudencia Garrido e Manuela Lema. Nas súas novelas Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), destaca un revisionismo crítico do canon literario desde unha óptica feminista.

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés