Evento: Dálle Xogo 2026
Dálle Xogo 2026
venres, 25 setembro, 2026 a domingo, 27 setembro, 2026
Rúa de Lisboa 10A,
Santiago de Compostela Dálle Xogo 2026
Do 25 ao 27 de setembro, o Centro Comercial Área Central acolle a segunda
edición de Dálle Xogo, un festival de lecer familiar único en Galicia
pensado para compartir tempo de calidade xogando e aprendendo en f...
Do 25 ao 27 de setembro, o Centro Comercial Área Central acolle a segunda edición de Dálle Xogo, un festival de lecer familiar único en Galicia pensado para compartir tempo de calidade xogando e aprendendo en familia.
Durante tres días, o xogo converterase no gran protagonista cunha programación chea de xogos de mesa, demostracións, torneos, presentacións, obradoiros, charlas e experiencias educativas deseñadas para fomentar a conexión, a creatividade e a diversión sen pantallas.
Un espazo pensado para desfrutar en familia, con amizades ou en parella, promovendo un modelo de lecer saudable nun ambiente único na capital de Galicia.



