Evento: Masides

Masides
martes, 5 maio, 2026 a xoves, 18 xuño, 2026
Praza do Toural, Pazo de Bendaña,
Santiago de Compostela

Masides

A Fundación Eugenio Granell inaugura o mércores 6 de maio ás 20:00 h a exposición /MASIDES/, un proxecto comisariado por María Esther Rodríguez Losada que poderá visitarse ata o 18 de xuño. A exposición propón ...

A Fundación Eugenio Granell inaugura o mércores 6 de maio ás 20:00 h a exposición MASIDES, un proxecto comisariado por María Esther Rodríguez Losada que poderá visitarse ata o 18 de xuño. A exposición propón unha lectura da memoria histórica e do século XX, reivindicando as luces e sombras dun territorio e dunha cultura atlántica e europea con identidade propia.
A exposición rende homenaxe ao legado de figuras fundamentais como Castelao e Carlos Maside, que atravesaron momentos clave do século XX como a monarquía, a ditadura, a república, a guerra civil e o exilio. A través deles constrúese un relato sobre mestres e discípulos que continúa coa figura de Xulio Maside, representante doutra xeración histórica marcada pola posguerra e a transición democrática.
A exposición destaca tres temperamentos artísticos e vitais unidos por unha mesma idea de compromiso cívico e cultural: Castelao, ligado ao Grupo Nós e á dimensión política; Carlos Maside, centrado na creación artística; e Xulio Maside, que representa a procura da liberdade como plenitude vital.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés