Evento: O Son dos Arreiros: Dani Cornes + Santi Araujo

O Son dos Arreiros: Dani Cornes + Santi Araujo
venres, 2 outubro, 2026 - 21:00
Rúa do Preguntoiro, 35,
Santiago de Compostela

O Son dos Arreiros: Dani Cornes + Santi Araujo

O ciclo de concertos /O SON DOS ARRIEIROS/ nace como unha aposta polo talento emerxente nun momento especialmente fértil para a escena musical galega.

O ciclo de concertos O SON DOS ARRIEIROS nace como unha aposta polo talento emerxente nun momento especialmente fértil para a escena musical galega.
Nesta ocasión, o cartel reúne a dous artistas destacados da nova escena galega: Dani Cornes, músico e compositor cunha traxectoria marcada pola sensibilidade melódica e a exploración de novas sonoridades, e Santi Araujo, artista que combina folk contemporáneo e canción de autor cun estilo persoal e coidado, convertido nunha das voces máis recoñecibles do panorama actual.
Inspirado no camiño compartido dos arrieiros, o proxecto busca dar continuidade e impulso ao traballo que se desenvolve nas salas de concertos, acompañando aos artistas no seu tránsito cara a escenarios de maior formato. Coidar e manter estes espazos é esencial, xa que neles se cultiva e se garante a supervivencia da música en directo.
 

Máis eventos de tipo Concerto

soulroll
Soul&Roll 
12 de agosto
Santamariña
Monoulious DOP
12 de agosto
Ermida de San Bartolomeu
Del jazzmín al jazz
12 de agosto
Auditorio Baldomero Cores
Os Piñeiros
12 de agosto
Praia fluvial de San Clodio