Evento: "Retablo do Esperpento"

  • Retablo do Esperpento
"Retablo do Esperpento"
venres, 10 abril, 2026 - 20:00
IES Rosalía Mera,
A Coruña

"Retablo do Esperpento"

Espectáculo teatral a cargo de Noitebras Teatro

Nunha familia de meigas, unha moza resístese ás argucias da súa tía, que en conivencia coa nai, argalla para obter beneficio dos agasallos que un ricacho ofrece a cambio dos favores da virxe. A negativa da moza enfada ás dúas vellas. Para reafirmarse na súa liberdade, a moza déixase facer as beiras por un humilde afiador, pero unha noite de luarada, servíndose dos seus poderes de meiga, adiviña como sería o seu futuro e decide facer un lixeiro cambio de plans no seu destino a través dunha ligazón. Isto é, dun pacto de sangue.

Noitebras Teatro adéntrase no universo de Valle-Inclán e adapta dúas das súas obras: “Ligazón” e “Rosa de Papel”, incluídas no “Retablo da Luxuria, a Avaricia e a Morte”, fundíndoas nunha única peza teatral: “Retablo do Esperpento”.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Costureiriña bonita
6 de xuño
Salón Teatro
Cabaré Climático
6 de xuño
Teatro da Beneficencia
A forza da queimada
9 de agosto
Carballeira de Caldas de Reis