Evento: Begoña Caamaño, o transgredir das ondas

Begoña Caamaño, o transgredir das ondas
sábado, 16 maio, 2026 - 20:30
Local social da SCRD Esteirana,
Muros

Begoña Caamaño, o transgredir das ondas

Con texto de Paula Carballeira

Velaquí unha proposta teatral arredor da autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2026. Conta con texto de Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, e está interpretada por Rocío González, da compañía Berrobambán. A actriz dálle vida a unha xornalista que recibe en herdanza un caderno dunha amiga íntima de Begoña Caamaño e que decide realizar a gravación dun pódcast en directo para expoñer algunhas das facetas menos coñecidas da escritora. A partir da relación entre as anotacións no diario e os diferentes momentos da vida profesional de Caamaño, vaise reconstruíndo ante o público a traxectoria dunha creadora excepcional, implicada co feminismo e cos diversos movementos sociais en que participou. Porén, durante a gravación deste pódcast aparecerán diversos problemas técnicos que transformarán as ideas iniciais da xornalista e influirán de forma decisiva no seu relato, como se o propio espírito de Begoña quixese puntualizar algunhas das pasaxes narradas e, ao igual ca as protagonistas das súas novelas, ser dona da súa propia historia.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Latexos
11 de setembro, 19:30
Praza de Macías - Padrón - A Coruña
Latexos
18 de setembro, 19:00
Casa do Médico - Muras - Lugo
Latexos
19 de setembro, 19:00
Casa da Cultura - Sandiás - Ourense
Latexos
26 de setembro, 18:00
Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán - O Barco de Valdeorras - Ourense