Evento: Vou facer un paso de brillantes
Vou facer un paso de brillantes
Trátase dunha lectura dos resultados e as conclusións dos proxectos "Fotosíntese" e "Tódalas cousas do mundo", levados adiante en novembro de 2025 no Centro de Menores de Montealegre (Ourense) e na Residencia Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia, para transformalos en contidos e produtos culturais e conformar con eles unha mostra expositiva no espazo do Museo Etnolóxico.
Estes proxectos foron realizados por María José Floriano Novoa e Pablo Otero Rodríguez, co obxectivo de "abrir unha fiestra no muro". Tratábase de ligar á cidadanía con outras esferas e realidades sociais que, ben polas súas características particulares ou ben pola súa etimoloxía, tenden a se converter en compartimentos estancos. Por exemplo, as residencias dos maiores ou os centros
de menores. Tamén se trataba de poñer en relación as actividades e proxectos que promove o equipo do Museo Etnolóxico de Ribadavia coa cidadanía e máis co pequeno comercio local. Fornecer a axenda cultural da localidade, da provincia e axudar na medida do posible a crear entre todos un lecer de calidade. E agora, co proxecto expositivo, ofrecer unha conversa ao redor do proxecto cos autores no Museo Etnolóxico e para todos os públicos. Esta mostra está composta por fotografías en diferentes formatos e tamaños, coleccións de obxectos populares, producións de artes aplicadas, ou obras de poesía visual, entre outras.
Máis eventos de tipo Exposición



