Evento: Aventuras do bosque

Aventuras do bosque
venres, 5 xuño, 2026 - 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Aventuras do bosque

A cargo de Raquel Galavis

Prazas esgotadas. Formulario pechado

Unha experiencia sensorial e emocional, inspirada nos principios da pedagoxía Montessori.

A través de historias sinxelas, belamente narradas, as nenas e nenos explorarán emocións, sons, texturas e elementos do entorno natural que os rodea. 

Unha proposta conectada coa realidade cercana, que fomenta a imaxinación e promove un desenvolvemento natural e unha maior comprensión do mundo que nos rodea. 

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 30 minutos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 28 de maio ás 8:30 h. a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Costureiriña bonita
6 de xuño
Salón Teatro
Cabaré Climático
6 de xuño
Teatro da Beneficencia
A forza da queimada
9 de agosto
Carballeira de Caldas de Reis