Evento: A guerra na literatura

  • Imaxe
A guerra na literatura
luns, 6 abril, 2026 a martes, 30 xuño, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A guerra na literatura

Mostra bibliográfica

A guerra, ese horror que marca á humanidade, atopou na literatura o seu espello máis fiel. Esta mostra reúne 90 obras que percorren desde a Ilíada ata as crónicas do Rif español, pasando polas trincheiras das Grandes Guerras ou a Guerra Civil. Novelas, memorias e ensaios que desnudan o absurdo do combate, o sufrimento da poboación civil e a necesidade de reconstruír a memoria colectiva.

A través destas páxinas podemos deternos a pensar no valor da paz, pois os libros gardan e transmiten as leccións, as dores e as experiencias de todas as guerras. Un percorrido literario para comprender o pasado e lembrar o prezo da paz.

Pode visitarse no 2º andar do 6 de abril ao 30 de xuño en horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés