Evento: 30 anos con Concha Castroviejo

  • Imaxe
30 anos con Concha Castroviejo
xoves, 23 abril, 2026 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

30 anos con Concha Castroviejo

Roteiro da man de Maos Innovación Social

Paseo que celebra a Concha Castroviejo, a máis grande escritora que deu Compostela no S.XX, segundo o xornalista Borobó. Concha Castroviejo foi unha muller pioneira no xornalismo compostelán e na crítica literaria a nivel estatal, alén de exiliada do franquismo, defensora da regulación do divorcio, narradora das atrocidades das que é capaz o ser humano, animalista e pensadora de utopías.

O roteiro estará acompañado pola lectura dramatizada da escritora e xornalista compostelá Marga Tojo, quen ademais de ler dúas pasaxes dos libros de Concha, creou uns textos propios nos que dialoga coa escritora, tamén compostelá. Dúas autoras entre as que atopamos diversos paralelismos vitais e profesionais.

Dirixido a persoas de 14 a 99 anos. Máximo: 30 participantes. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA EN COMPOSTELA. Rutas de arquitectura - Reedición
14 de febreiro a 14 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Visitas guiadas para grupos na Escolma de escultura do Museo Arqueolóxico de Ourense
Visitas guiadas a grupos
14 de abril a 5 de setembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense