Evento: Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares

  • Imaxe
Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares
luns, 6 abril, 2026 a xoves, 30 abril, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares

Exposición organizada pola Fundación Carlos Casares

Cedemos o espazo á Fundación Carlos Casares. O humor é unha das mellores capacidades do ser humano. Para algúns, é a maior mostra de intelixencia que existe. Resulta de axuda nos momentos difíciles, serve para socializarmos e é capaz de salvar vidas á vez que ensinar valiosas leccións.

Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares quere, por unha parte, botar algo de luz sobre os distintos aspectos do humor tratando de responder preguntas de enorme interese: Que é o humor? Onde nace? Como é o humor noutras culturas? Cantos tipos de humor existen? Para que serve? Cal é a historia do humor en Galicia?

Por outra parte, a exposición afonda sobre o tratamento do humor na vida e obra literaria de Carlos Casares. O autor ourensán posuía un emotivo sentido do humor, dunha finura e sinxeleza nacidas da intelixencia e da paixón pola condición do ser humano para xerar historias, conectando coa fina retranca da oralidade que tan ben se lle daba. A exposición quere desmitificar a figura do escritor cunha mostra escollida de caricaturas, debuxos e fotografías onde, cada quen, poida botar un sorriso cómplice.

Pode visitarse do 6 ao 30 de abril no vestíbulo en horario de apertura da biblioteca.

Máis eventos de tipo Exposición

Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Antifémina · Colita
25 de marzo a 1 de agosto
Avenida do Burgo das Nacións